Científicos de Ferrol e Vigo crean un sistema pioneiro que mide a polución

 

O grupo de investigadores dos Talleres Tecnolóxicos, ante o seu invento para medir a polución urbana. 

O invento consiste nunha plataforma capaz de rexistrar a presencia de axentes contaminantes desde autobuses o que rexistra o aparato.

Rosa Mitus

Este é o nome dun ambicioso proxecto de investigación no que está traballando actualmente o Grupo Integrado de Inxeniería (GII) do campus de Ferrol co obxetivo de crear un sistema para detectar a contaminación ambiental mediante sensores instalados nos autobuses urbanos das cidades.

O proxecto, desarrollado en colaboración co Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo, está financiado por o Ministerio de Fomento e se atopa xa na súa fase final. Segundo explica Richard Duro, coordinador do GII, o traballo dos investigadores do campus ferrolano  consistiu na creación dunha plataforma móbil de sensores, capaz de captar e procesar a información relativa a determinados axentes contaminantes mediante a súa instalación en autobuses urbanos e outros medios de transporte.

Por a súa parte, os científicos de Vigo crearon un sistema de comunicación para enviar toda esa información a unha central de datos en tempo real e  dunha forma sinxela e barata. Segundo explica Duro,  trátase dunha rede de comunicacións «oportunista», na que os autobuses intercámbianse datos e os volcan cando pasan por unha zona wi-fi, de forma que a transmisión da información resulta gratuíta. «Outra maneira de facelo sería a través dunha conexión de telefonía móbil, pero resultaría demasiado custoso», apunta o coordinador do GII.

Vantaxes

A principal vantaxe deste novo sistema é que permitirá obter mapas de contaminación urbana moi completos e axustados á realidade en cada momento. Na actualidade, a contaminación ambiental das cidades mídese mediante estacións fixas, que só ofrecen información desos puntos concretos, por o que non resultan demasiado fiables.

Duro destaca que con este novo sistema non só se podría obter información medioambiental de todas as rutas por as que pasan os autobuses, senón tamén de outras zonas que non están ao seu alcance, mediante a extrapolación dos datos a partir dos modelos de dispersión da polución obtidos nas medicións e utilizando para elo diferentes técnicas de intelixencia artificial.

Os científicos do campus fabricaron xa un prototipo da plataforma sensora, e desde fai uns seis meses, o sistema estáse probando nun autobús urbano da empresa Vitrasa de Vigo. Tamén se testouse o  invento en A Coruña e Ferrol, con coches particulares. «O principio houbo algúns fallos, como é normal, pero agora está funcionando eficazmente», apunta o investigador.

O desarrollo deste proxecto experimental concluirá a finais deste ano. Entón o  Ministerio de Fomento deberá decidir o seu destino.

Fonte:  www.lavozdegalicia.es

 

Investigadores de Zaragoza atopan fósiles de plantas de fai 100 millóns de anos

 "Plourfolia cerciforme"( U.Zaragoza)

Bautizáronas como 'Ploufolia cerciforme' en homenaxe Plou, a localidade onde atoparon os fósiles. Trátase dun novo xénero de plantas angiosperma acuática correspondente ó Cretácico Inferior, cunha antigüidade duns 100 millóns de anos.

Son plantas con follas de moi pequeno tamaño (menos de 1,5 cm de lonxitud) con diferentes formas: de contorno redondeado, elíptico, pseudotriangular, pseudotrapezoidal e ata acorazonado, todas da mesma especie.

As follas fósiles de Plou estarían relacionadas con un xenéro de plantas actuais denominado 'Nhymphaeales', ó  que pertencen o nenúfar xigante (Victoria amazonica) e o nenúfar blanco (Nymphaea lotus), planta ornamental que se pode encontrar hoxe en día en lagos e estanques de xardíns por todo o mundo.

A procura foi levada a cabo por investigadores da Universidad de Zaragoza, Vigo, Barcelona e Lyon (Francia) e foi publicado na revista " Review of Palaeobotany and palynology " .

Escasos fósiles de este tipo

Nymphaea. | Universidad de Zaragoza

Nymphaea. | Universidad de Zaragoza

A importancia de este hallazgo radica en que os fósiles más primitivos de este tipo de vexetais son moi escasos e controvertidos. Os rexistros fósiles máis antigos de angiospermas ou plantas con flores non foron atopados ata o momento indican que a súa orixe remóntase aos inicios do período Cretácico, fai uns 135 millóns de anos. Sen embargo, a súa expansión e diversificación tivo lugar ó final do Cretácico Inferior.

Ademáis, hai moi poucos lugares en todo o mundo que posean xacementos con fósiles de angiospermas primitivas de este período. E a provincia de Teruel é unha destas zonas.

O estudo estivo  liderado por os investigadores Luis Miguel Sender, Uxue Villanueva Amadoz e Javier Ferrer.

As follas de 'Ploufolia cerciforme', xunto con outras plantas fósiles atopadas en diversos xacementos da provincia de Teruel, exhíbense na exposición 'Plantas fósiles do Cretácico Aragonés', no Museo Paleontológico da Universidad de Zaragoza.


                                            Carla Pereira Silva

 

Make a Free Website with Yola.