Científicos de Vigo crean un material que permitirá rexenerar ósos

Patentaron un método que posibilitou por primeira vez fabricar nanofibras a partir de vidro inactivo

É como unha armazón que activa a vida no seu interior, un soporte que interactúa coas células para crear ósos de forma natural. O andamio artificial que abre a vía a rexeneración ósea está formado por nanofibras de vidro bioactivo (con propiedades biolóxicas), un material que creou por primeira vez un equipo da Universidade de Vigo nunha investigación en colaboración co Imperial College de Londres e a Universidade de Rutgers (EE.UU.) e que mereceu a portada da revista científica Advanced Functional Materials . A técnica que permitiu a fabricación do material, fruto do traballo de varios anos que foi financiado con fondos europeos, do Estado e da Xunta a través da Dirección Xeral de I+D+i, foi patentada por o Grupo de Aplicacións Industriaies dos Láseres da Universidade de Vigo.

O equipo traballou cun material xa coñecido, o bioglass,a partir do cal produciron unha estructura tridimensional de nanofibras que se asemella á matriz extracelular do óso(a parte que non está formada por células e proteínas), o que supón unha ventaxa fundamental sobre o xa coñecido, xa que permite interactuar de forma natural ás células co novo material para desenrolar o texido.

«O que tratamos de conseguir agora é que o novo material sirva como soporte para rexenerar o óso, que se podría cultivar in vitro ou o natural», precisa Quintero. O equipo vigués xa fixo o seu traballo, por o que de demostrar as propiedades biolóxicas das nanofibras de vidrio bioactivo encargaranse agora os grupos de Estados Unidos e o Reino Unido.

Implantes reversibles

De momento, a creación dos científicos galegos xa propiciou unha aplicación importante, como é a súa utilización para recargar ósos fracturados dunha forma máis eficaz e, sobre todo reversible, que a empleada con métodos convencionais.

                                                         Carla Pereira Silva

Make a Free Website with Yola.